FOTOGRAFÍA:
FOTOGRAFÍA DOCUMENTAL CONTEMPORÁNEA.
Obradoiro de 30 horas
Dirixido a calquera persoa con inquedanza por profundizar nos seus coñecementos en linguaxe visual e en levalos á práctica a través do desenvolvemento dunha visión propia.
Este obradoiro trata de achegar á práctica da fotografía documental contemporánea levando a cabo as distintas partes do proceso de creación dun proxecto fotográfico: documentación, búsqueda de referencias, saídas á rúa para fotografiar, proceso de edición e preparación dunha publicación final de grupo en formato fanzine
Docente: Bandia Ribeira
O meu nome é Bandia Ribeira, son unha fotógrafa de As Pontes, A Coruña. En 2015 gradueime en Fotografía Documental na Universidade do Sur de Gales, Reino Unido. Posteriormente iniciei o proxecto “Ni un hogar sin lumbre, ni una familia sin pan” (2023) na provincia de Almería, onde estiven traballando desde o ano 2016. Este proxecto preséntase este outono no festival de fotografía Bristol Photo Fest. O ano 2022-23 fun becaria Fulbright- Xunta de Galicia, realizando unha estancia de investigación e produción artística en Estados Unidos dun ano de duración. Durante ese ano traballei como becaria no Departamento de Arquivo e Produción da axencia de fotógrafos Magnum Photos en Nova York. Accedín como investigadora á colección fotográfica da Farm Security Administration na Biblioteca do Congreso e levei a cabo un proxecto propio no que estiven fotografiando durante catro meses no Val Central de California.
O alumnado da UDC terá dereito ao recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación (Resolución reitoral do 17/02/2022)