MÚSICA
Obradoiro de Actividade Musical colectiva: Brújula al Norte: Ensamble Musical Creativo.
Obradoiro de 30 horas
Un obradoiro que combina a música vocal coa diversidade cultural e xeneracional. O proxecto actúa como un compás que guía a artistas de diferentes campos cara a un norte común, fomentando a colaboración e a creatividade. Este proxecto non só busca desenvolver habilidades vocais, senón tamén crear un espazo inclusivo onde as voces de todas as idades se unan nun proceso creativo e colaborativo. Este obradoiro ofrecerá aos participantes a oportunidade de traballar e actuar xunto a artistas experimentados, brindando una experiencia educativa e artística incomparable.
---
Educador: Daniel García Artés
DIRECTOR MUSICAL de diversos coros na cidade e arredores. É director do Coro Joven de la Orquesta Sinfónica de Galicia onde dirixiu numerosos e multitudinarios concertos. Ademáis é director e fundador de El Acorde Secreto, grupo vocal alternativo caracterizado polo seu repertorio rompedor e diferente.
PROFESOR de piano moderno, técnica vocal, Solfeo e Coro Góspel en Rock School Coruña.
ARREGLISTA experimentado en calquera estilo, foi responsable de arranxar famosas obras de Disney así como do artista Xoel López para a Orquesta Sinfónica de Galicia, participando ademáis nos concertos como pianista e director do coro.
COMPOSITOR desde os 16 anos, nesta faceta foi recoñecido con diversos premios, especialmente no mundo da música vocal. Ademáis, foi responsable de diversas bandas sonoras para curtas, teatro, documentais e videoxogos.
O alumnado da UDC terá dereito ao recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación (Resolución reitoral do 17/02/2022)