Ler adoita considerarse unha actividade solitaria, pero ficar só con ese aspecto é perder a outra metade: a da socialización da lectura. A literatura alimenta, pero tamén ten que ser alimentada.
No club de lectura da Normal, que se reúne os mércores de 18 a 20 horas de xeito quincenal, comentaremos o libro lido na casa (temática, estilo, acción, personaxes, sensacións...) fomentando o debate san e a participación de persoas moi diversas. Non se pretende facer unha análise exhaustiva da obra, senón incrementar o pracer da lectura transcendendo do individual ao colectivo e descubrindo novos puntos de vista. As obras e autores e autoras a ler escolleranse atendendo á súa importancia, pero tamén á variedade: diferentes países e linguas de orixe, en galego e castelán, novela, ensaio, cómic, teatro... Libros que ao mellor ti nunca escollerías poden converterse no teu favorito.
Os libros serán prestados pola coordinadora (non é necesaria a súa compra).
Nova convocatoria do Club de Lectura Normal, que se celebrará entre o 9 de outubro e o 18 de decembro, cada dúas semanas, de 18:00 a 20:00 horas, guiado por Antía Yáñez.
A primeira sesión realizarase no Cubo; a partir do 23 de outubro, na Sala de Cine do segundo andar.
Antía Yáñez é escritora e dirixe varios clubes de lectura.
As sesións serán as seguintes:
No segundo cuadrimestre programaranse novas lecturas.
Docente: Antía Yáñez
As sesións serán os mércores alternos, de 18h a 20h, na Sala Cubo (o 9 de outubro) e na Sala de Cine (os demáis días) do Espazo de Intervención Cultural Normal.