Obradoiro baseado na organicidade do corpo, partindo da relaxación e a movilidade. Desenrrolaránse pautas de movemento para desbloquear distintas calidades corporais. Facilitaránse dinámicas de improvisación grupais co fin de adquirir consciencia do entorno que nos rodea, doutros corpos e os seus límites.
O obradoiro contémplase como unha práctica artística que navega entre disciplinas, que aposta pola experimentación para a creación, nutríndose de diversas técnicas de interpretación e de movemento (danzas urbanas, danza contemporánea, teatro, etc.)
Docente: Alicia López Méndez
Alicia López Méndez (1998) é unha bailarina, intérprete e creadora visual afincada en Santiago de Compostela. Graduada en Belas Artes pola UCM (Madrid, 2023). Actualmente forma parte do elenco de "Dique" (Galicia, 2024), unha coprodución de Nova Galega de Danza e Xunta de Galicia, a través do Centro Coreográfico Galego e baixo a dirección escénica de Marta Pazos. Á súa vez, é beneficiaria dunha residencia artística no marco do programa de Cruceiros Paraíso 2024 (Colectivo RPM), que terá lugar en novembro en Dantzagunea (Errentería, Guipúzcoa).
O alumnado da UDC terá dereito ao recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación (Resolución reitoral do 17/02/2022)