Pilates é un conxunto de exercicios cuxa finalidade é exercitar o corpo e a mente mediante unha práctica que combina as tradicións oriental e occidental. Pretende mellorar a condición física, aumentar a propia capacidade de control e concentración. Trátase dun método que pretende reforzar a musculatura e aumentar tanto o control como a forza muscular, así como a flexibilidade, mediante un abano de exercicios baseados en diferentes posturas e a súa combinación.
Persoas usuarias:
Membros da Comunidade Universitaria da UDC e familiares co Abono Deporte do curso académico en vigor. Os/as fillos/as da comunidade universitaria teñen que ter cumpridos os 15 anos
Público en xeral coa Matrícula