Estiramentos: Estirarse é de vital importancia para relaxarse e previr problemas musculares. Aumenta a flexibilidade e a elasticidade de músculos e tendóns, proporcionando unha mellora global da capacidade de movemento, así como un aumento do rango do propio movemento. GAP: Sesión destinada a tonificar os glúteos, abdominais e pernas, realizada cun soporte musical e a utilización de material auxiliar. Mellora a tonificación dos principais grupos musculares do tren inferior e dos músculos abdominais. A actividade terá lugar na Aula Naútica do Dique de abrigo.
Nota: No caso de peche do Dique de Abrigo por parte da Autoridade Portuaria (ben con conos ou con vallas), a actividade desenvolverase na Reitoría. Os espazos nos que poderá ter lugar a clase serán: na sala de prensa, no vestíbulo de entrada do rexistro e/ou no vestíbulo de entrada do Paraninfo, en función da ocupación destes espazos. A monitora esperará no vestíbulo do rexistro. Non se realizará ningunha devolución dos prezos públicos aboados por este motivo.