Marina Coruña (Dique de Abrigo)
Actividades Náuticas a realizar nas instalacións de Marina Coruña. Destinado a rapaces e rapazas que saiban nadar, nacidos do 1 de xaneiro do 2010 ao 31 de decembro do 2016.
Entrada: a partir das 8:30 h
Saída: entre as 14:30 e as 15:00 h (hora límite). No caso de facer uso do comedor, a hora límite serán as 15:30 h
PREZO COMEDOR (Cafetería Reitoría UDC):
1ª QUINCENA XULLO: 92,95 €
2ª QUINCENA XULLO: 92,95 €
*As tarifas de comedor non teñen desconto
Os prazos de inscrición:
INICIO para 1ª e 2ª quincena:
- Para fillos/as de traballadores/as da UDC: o 2 de xuño, ás 09:00 h
- Para fillos/as do alumnado e persoas externas: o 9 de xuño, ás 09:00 h
FIN para a 1ª quincena:
- Para todos os colectivos: o 20 de xuño, ás 14:00 h
FIN para a 2ª quincena:
- Para todos os colectivos: o 2 de xullo , ás 14:00 h
No caso de que nalgunha quenda non se acade un número de inscricións suficiente para poder levala a cabo, esa quenda poderá cancelarse.
NOTA: O desconto por familia numerosa hai que seleccionalo. O desconto por 2ª filla/o faise automaticamente (non hai que seleccionar nada). Para que se aplique este desconto por 2ª filla/o, primeiro hai que completar a inscrición da/o primeira/o filla/o (non se poden facer as dúas inscricións ao mesmo tempo).
INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA A COMUNIDADE UNIVERSITARIA (PTXAS, PEC e PDI). Antes da inscrición, é importante que se comprobe que as/os usuarias/os tutelados teñan asignado o colectivo familiar (se non, non aparecerá a tarifa da comunidade universitaria no momento da inscrición). Se non teñen o colectivo FAMILIARES, entrar na ficha da/o nena/o e solicitar a nova alta en colectivo especial. No despregable terá que seleccionar o colectivo FAMILIARES.