Prezo 30 € (válido para todo o curso académico en vigor. Do 1 de setembro ao 31 de agosto)
Obrigatorio para poder inscribirse en calquera das nosas actividades
Abono Deporte, se es membro da Comunidade Universitaria:
- Alumnado de calquera dos tres ciclos: Grao, Máster e Doutoramento ou 1º, 2º e 3º ciclo da UDC, persoal docente e investigador (e cónxuxes e fillos de entre 15 e 28 anos), persoal de administración e servizos (e cónxuxes e fillos de entre 15 e 28 anos), estudantes de programas de intercambio e estudantes de mestrados con seguro de cobertura de actividades deportivas.
- Ademais terán a consideración de comunidade universitaria, todas as persoas xubiladas dos colectivos de persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos desta universidade.
- Non todas as actividades están abertas para os fillos/as abonados da comunidade universitaria (consultar antes da inscrición).
- Despois de participar nalgunhas competicións e actividades, os alumnos/as de Grao poderán solicitar o recoñecemento de créditos (normativa e resolución reitoral).
- Todos os usuarios/as abonados/as da Área de Deportes no presente curso académico poderán facer uso gratuíto das instalacións deportivas propias da UDC, agás da sala de musculación.
- O cónxuxe/parella de feito, e os/as fillos/as (maiores de 15 anos) teñen que darse de alta ou recuperar contrasinal (no caso de xa estar dado de alta) como persoas externas (https://udcxest.udc.gal/xest/login/realm/index.xhtml). Unha vez que entre na ficha (o usuario é o correo electrónico), ten que solicitar a inclusión no colectivo FAMILIARES. Para isto, ten que premar na opción: "Nova alta en colectivo especial". Solicitaráselle achegar unha copia do libro de familia ou da Certificación da Inscrición no Rexistro de Parellas de Feito.
- No caso dos/as fillos/as de menos de 15 anos é o/a pai/nai/titor/a quen ten que dalos de alta dende o seu usuario premendo na opción "usuarios tutelados". Tamén terán que achegar copia do libro de familia.