Aula de plástica Facultade de Ciencias da Educación (Campus de Elviña)
Actividades lúdicas en inglés para nenos e nenas de 4 a 12 anos (nados/as entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2020). Profesores/as nativos.
Entrada: a partir das 8:15 h e ata as 8:55 no pavillón de deportes do campus de Elviña. Das 8:55 h en adiante, na aula de plástica da Fac. de Ciencias da Educación.
Saída: entre as 14:30 e as 14:45 h (hora límite). No caso de facer uso do comedor, a hora límite serán as 15:30 h
Os prazos de inscrición:
INICIO:
- Para fillos/as de traballadores/as da UDC: o 5 de xuño, ás 09:00 h
- Para fillos/as do alumnado e persoas externas: o 12 de xuño, ás 09:00 h
FIN:
- Para fillos/as de traballadores/as da UDC: o 25 de xuño, ás 13:30 h
- Para fillos/as do alumnado e persoas externas: o 25 de xuño, ás 13:30 h
No caso de que nalgunha quenda non se acade un número de inscricións suficiente para poder levala a cabo, esa quenda poderá cancelarse.
PREZO COMEDOR (Cafetería Fac. Dereito):
1ª QUINCENA XULLO: 66 €
2ª QUINCENA XULLO: 66 €
*As tarifas de comedor non teñen desconto
NOTA: O desconto por familia numerosa hai que seleccionalo. O desconto por 2ª filla/o faise automaticamente (non hai que seleccionar nada). Para que se aplique este desconto por 2ª filla/o, primeiro hai que completar a inscrición da/o primeira/o filla/o (non se poden facer as dúas inscricións ao mesmo tempo).
INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA OS/AS TRABALLADORES/AS (PAS, PEC e PDI). Antes da inscrición, é importante que se comprobe que as/os usuarias/os tutelados teñan asignado o colectivo familiar (se non, non aparecerá a tarifa da comunidade universitaria no momento da inscrición). Se non teñen o colectivo FAMILIARES, entrar na ficha da/o nena/o e solicitar a nova alta en colectivo especial. No despregable terá que seleccionar o colectivo FAMILIARES.
Total inmersión en inglés para nenos/as de 4 a 12 anos a través de xogos, proxectos, actuacións, baile, experimentos, ioga, mindfulness, comics, murais, contacontos, manualidades, xogos de auga e diversión ao aire libre no Campus de Elviña.