Pazo da Cultura. Rúa do Pan, s/n. 15100 Carballo
XVII Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística
Traballando en Lingua nas Redes Sociais
Presentación
A XVII edición do curso de verán centrarase en fomentar e analizar o uso da lingua a través das redes sociais e nas ferramentas para a transmitirmos desde diversos ámbitos derivados do binomio sociedade e tecnoloxías. Como todos os anos, esta edición tamén se alicerza no uso e na mellora do seu proceso de normalización, traballando os argumentos, as accións, a creatividade, a implicación, os métodos etc. máis adecuados para tal propósito.
As sesións constan de relatorios, comunicacións, mesas redondas e obradoiros para avaliarmos experiencias e propormos medidas e accións de intervención en actividades para implicaren distintas entidades e persoas. As intervencións teñen como nexo promoveren o uso da lingua nas redes sociais, para alén de sesións destinadas a repararen no suceso de produtos e empresas que só utilizan a lingua propia nos seus proxectos comunicativo-sociais.
Obxectivos
Lugar
Datas
Terza feira 16 e cuarta feira 17 de xullo de 2024
Duración
15 horas lectivas
Terza feira, 16 de xullo
09h00-10h00 Recepción e entrega de documentación
10h00-10h30 INAUGURACIÓN E BENVIDA
10h30-12h00 CONFERENCIA INAUGURAL
«O impacto das novas tecnoloxías e a intelixencia artificial (IA) na nosa sociedade»
Nieves Rodríguez Brisaboa, catedrática da Universidade da Coruña na Área de Linguaxes e Sistemas Informáticos
12h00-12h30 Café conxunto
12h30-13h30 RELATORIO
«Vivir en galego»
13h30-15h30 Xantar conxunto
15h30-17h00 OBRADOIRO
«CRE(A)NDO: da emoción á acción»
17h30-19h00 RELATORIO
«O tiktok galego e as creadoras galegas»
19h00-20h30 MESA REDONDA
«A importancia da ética e o compromiso lingüístico na creación de contido en galego nas plataformas dixitais»
Moderador: Carlos García Vieito, activista dixital. Especialista en marketing e comunicación dixital. Promotor do Twitter en galego e outras iniciativa a prol do galego
Cuarta feira, 17 de xullo
09h30-10h30 RELATORIO
10h30-12h00 MESA REDONDA
«Galego para todo»
Moderadora: Nuria Vil, poeta e comunicadora
12h30-14h00 RELATORIO
«O papel das redes sociais como canle de divulgación científica para a normalización do galego»
Fátima Barros, licenciada en Medicina pola USC e divulgadora de ciencia en galego nas redes sociais
14h00-15h30 Xantar conxunto
16h00-17h30 RELATORIO
«Intelixencia artificial e futuro da lingua galega»
17h30-19h00 MESA REDONDA
«Actualidade e xornalismo nos contornos podcast e redes sociais»
Moderador: Lois Blanco Araúxo, comunicador e director de teatro
19h00-20h30 OBRADOIRO CONCERTO
Ataque Escampe
+Info: Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña
881 011 042, 881 011 055, 881 013 683 snl@udc.gal