Cantas veces nos frustramos ao tentar captar coa cámara o que vemos cos nosos ollos? Desde a perspectiva da luz, aprenderemos a medila e manexala en diferentes escenarios. Abordaremos os aspectos básicos da técnica fotográfica e prácticas como naturezas mortas, retratos e fotografía de produtos, tanto con luz natural como artificial. Tamén introduciremos unha sinxela post-producción para realzar as nosas imaxes e achegalas á nosa visión orixinal.
Imparte: Aitana Tubío Duración: 30 horas