Obradoiro de Danza Contemporánea no que nos mergullaremos nas diferentes abordaxes do movemento, dende a técnica e a preparación corporal, ata o movemento máis persoal e orgánico. Disfrutaremos do movemento nun espazo de liberdade e creación conxunta.
Todos os martes de 16:45 a 18:15 + última sesión 2h (imparte Noelia López) e xoves 7, 14 e 21 de Marzo e 6 e 13 de Xuño de 18:30 a 20:30 (imparte Alba Fernández)
Imparten: Noelia López e Alba Fernández.
30 horas de duración.