Neste obradoiro achegamos a oportunidade de expresarnos mediante a música e o son familiarizándonos co manexo das novas tecnoloxías e dispositivos dixitais sen esquecernos dos trebellos analóxicos, indispensables para afacerse aos fundamentos do son e da súa interconexión. Así, exploraremos os aspectos básicos do son e da produción musical co Ableton Live e os dispositivos de control compatibles (iPads, controladoras, teclados, mesas de mistura). Ao mesmo tempo manexaremos ferramentas de son analóxicas como os micrófonos, caixas de ritmos e sintetizadores, integrándoas nun proceso creativo e práctico que permita ao alumnado considerar propostas musicais propias. Fagamos da aula un laboratorio onde achegarnos as posibilidades de novas ferramentas de composición, como o sampleado, loopeado, secuenciación MIDI, o remix ou as síntese de son, fomentando a creatividade e o traballo en equipo.
Unha oportunidade de experimentar e coñecer de xeito cooperativo pois a evolución do software e do hardware adicado á musica, democratizou as oportunidades de xogar e crear.
Imparte: Jas Processor
30 horas de duración.