Crear unha serie en 30 horas é posible. Chegou o momento de poñer en práctica todo o tempo que pasamos diante dunha pantalla vendo cine e televisión. Seguro que, algunha vez, vendo unha serie pensastes: esta podía escribila eu. Por iso necesitas este curso no que practicaremos o proceso de creación dunha serie do principio ao final. Desde esa primeira idea brillante que esperta as ganas de teclear toda a noite, ata a escritura dos diálogos do capítulo piloto da nosa propia serie de televisión. E non só os diálogos, tamén os personaxes, os escenarios, as tramas e todo o necesario para elaborar un dossier de venta profesional. Si, deste curso saímos cunha serie debaixo do brazo. Unha ficción disposta para comezar a súa distribución. Outro tema interesante que nos ocupará as últimas clases do Obradoiro: como vender unha serie que xa teño escrita?
E si, sexa cal sexa o teu nivel de coñecemento, podes crer nestas palabras: si, ti tamén podes crear unha serie. Da igual o que estudes, o único que necesitas é imaxinación e ganas de aprender os trucos para escribir unha ficción.
Para facer o curso precisarase dun ordenador. Traballaremos en Google Drive ou nun grupo propio da clase para compartir os documentos de avance.