Neste obradoiro de danza urbana coñeceremos estilos de baile como o hip hop e o locking. Comezaremos con ferramentas para afrouxar o corpo, coñecer o noso movemento e chegar a relaxarnos nos diferentes estilos.
Ambos estilos son diferentes pero divertidos, cada un ten as súas bases ou fundamentos. Unha vez adquiridos, podes transformar eses movementos.
Este obradoiro ten 15 horas de duración.
As sesións, de hora e media de duración, celebraranse nas seguintes datas.
10, 17, 24 e 31 de outubro.
7, 14, 21 e 28 de novembro.
5 e 12 de decembro.
Docente: Noelia López Carpio.