Curso práctico dirixido especialmente a persoas que se inician na interpretación teatral ou teñen pouca experiencia. Traballo de corpo, voz, dinámicas de grupo, construción de personaxes e abordaxe de textos.
As sesións, de hora e media, celebraranse nas seguintes datas:
2, 16, 23 e 30 de outubro 6, 13, 20 e 27 de novembro 4 e 11 de decembro
Obradoiro de 15 horas
Docente: Rubén Ruibal
Fotografía: Iván Casal Nieto
- Fundamentos básicos da actividade teatral. - A dinámica da sesión de traballo. - Crear, contar, imaxinar. A acción como centro. - Mímica, expresión corporal - Ferramentas básicas para o emprego da voz. - Ritmo, música, verso, corpo. - Do xogo á representación. - Texto: unha aproximación á interpretación de textos. - Interpretar diante da cámara. - Referencias bibliográficas diversas: pezas teatrais, manuais, multimedia.