Aulas prácticas para a xeración de contidos con perspectiva de xénero. Crearemos dramaturxias/textos breves individuais e colectivos a través de formas físicas: xogos e exercicios de escrita corporal para entrar en contacto co teu “eu físico” e co “nós físico”, o grupo. Pensar e crear co corpo.
O Obxectivo é iniciar ao alumnado nos procesos de creación individual e colectiva: a elección do tema; fase de investigación e organización de contidos; fase de improvisacións; fase de proposta estética.
Xeración de contidos con perspectiva de xénero a partir da investigación das posibilidades dramatúrxicas do corpo propio, e do propio corpo en relación con outros.
Os contidos do curso serán: