Instalacións deportivas do campus de Elviña
Campamento multideportivo de verán para rapaces e rapazas nacidos/as entre o 1 de xaneiro do 2011 e o 31 de decembro do 2017. As actividades acuáticas son opcionais e voluntarias, e só poderán participar nelas os/as nenos/as nacidos/as antes do 22 de xuño de 2015.
Entrada: a partir das 8:15 h
Saída: entre as 14:30 e as 14:45 h (hora límite). No caso de facer uso do comedor, a hora límite serán as 15:30 h
PREZO COMEDOR (Cafetería Fac. Ciencias da Educación):
XUÑO: 49 €
1ª QUINCENA XULLO: 70 €
2ª QUINCENA XULLO: 63 €
*As tarifas de comedor non teñen desconto
Os prazos de inscrición comezarán o 19 de maio (para os fillos/as dos/as traballadores/as da UDC) e o 2 de xuño (para os/as fillos/as do alumnado da UDC e das persoas externas).
Os prazos de inscrición rematarán:
-XUÑO: 14 de xuño
-PRIMEIRA QUINCENA DE XULLO: 21 de xuño
-SEGUNDA QUINCENA DE XULLO: 5 de xullo
No caso de que nalgunha quenda non se acade un número de inscricións suficiente para poder levala a cabo, esa quenda poderá cancelarse.
NOTA: O desconto por familia numerosa hai que seleccionalo. O desconto por 2ª filla/o faise automaticamente (non hai que seleccionar nada). Para que se aplique este desconto por 2ª filla/o, primeiro hai que completar a inscrición da/o primeira/o filla/o (non se poden facer as dúas inscricións ao mesmo tempo).
INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA A COMUNIDADE UNIVERSITARIA (PAS, PEC e PDI). Antes da inscrición, é importante que se comprobe que as/os usuarias/os tutelados teñan asignado o colectivo familiar (se non, non aparecerá a tarifa da comunidade universitaria no momento da inscrición). Se non teñen o colectivo FAMILIARES, entrar na ficha da/o nena/o e solicitar a nova alta en colectivo especial. No despregable terá que seleccionar o colectivo FAMILIARES.