Aula de plástica Facultade de Ciencias da Educación (Campus de Elviña)
Actividades lúdicas en inglés para nenos e nenas de 4 a 12 anos. Profesores/as nativos.
Entrada: a partir das 8:30 h
Saída: a partir das 14:30 h
Os prazos de inscrición comezarán:
Os prazos de inscrición rematarán:
PREZO COMEDOR (Cafetería Fac. Ciencias da Educación):
1ª QUINCENA XULLO: 66 €
2ª QUINCENA XULLO: 60 €
*As tarifas de comedor non teñen desconto
No caso de que nalgunha quenda non se acade un número de inscricións suficiente para poder levala a cabo, esa quenda poderá cancelarse.
NOTA: O desconto por familia numerosa hai que seleccionalo. O desconto por 2ª filla/o faise automaticamente sempre que sexa a mesma actividade e o mesmo periodo (non hai que seleccionar nada). Para que se aplique este desconto por 2ª filla/o, primeiro hai que completar a inscrición da/o primeira/o filla/o (non se poden facer as dúas inscricións ao mesmo tempo).
INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA A COMUNIDADE UNIVERSITARIA (PAS, PEC e PDI). Antes da inscrición, é importante que se comprobe que as/os usuarias/os tutelados teñan asignado o colectivo familiar (se non, non aparecerá a tarifa da comunidade universitaria no momento da inscrición). Se non teñen o colectivo FAMILIARES, entrar na ficha da/o nena/o e solicitar a nova alta en colectivo especial. No despregable terá que seleccionar o colectivo FAMILIARES.
Xogos, murais, actuacións, baile, contacontos, manualidades, xogos de auga e diversión ao aire libre no Campus de Elviña.