Pazo de Lóngora (Instituto de Medio Ambiente) 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
Pazo de Lóngora (Instituto de Medio Ambiente) 15179 Liáns - Oleiros- A Coruña
Á finalización do curso, os estudantes terán adquirido ferramentas e habilidades para: ? Potenciar a atención plena, e mellorar a concentración. ? Mellorar o rendimento académico e desenvolver atención plena. ? Aumentar a capacidade de percatarse e ser conscientes das súas conductas, decisións e actividades na súa vida diaria. ? Xestión de emocións propias, coa capacidade de disminuir estados de ansiedade e estrés, desenvolver habilidades para o tratamento e resolución de conflictos.
Con Mindfulness aprendemos a asentar, anclar e descansar a mente. Neste curso introducirémonos nas bases fundamentáis teóricas e prácticas de Mindfulness, Compaixón e Insight. Acadaremos estados de relaxación e de meditación e trataremos de potenciar a habilidade de ser cada vez máis conscientes do funcionamento da nosa mente superficial. Este curso iniciaranos nunha viaxe vola mente que será de utilidade non só como exploradores, senón que será de proveito para recurrir na vida diaria ao que aprendamos.
Tanto se tes interese en entrar en estados de meditación moi profundos, reducir o estrés e a ansiedade, relaxarte, ou aumentar e dirigir a atención e concentración aproveitando mellor as capacidades cerebrais innatas, neste curso coñecerás algunhas das ferramentas máis axeitadas.
Nunha primeira etapa, con Mindfulness, desenvolvemos calma mental e a nosa mente comenza a asentarse. A segunda etapa introdúcenos ao desenvolvemento da compaixón, o desexo de aliviar o sufrimento propio e dos demáis, e de xeito progresivo, coa práctica, comenza a xurdir insight como unha cualidade da nosa mente. Coñecer o funcionamento da nosa mente é, polo tanto, un xeito de ver as raíces dos nosos estados mentais dolorosos, libéranos dos condicionamentos sociais que limitan as nosas vidas e poder desenvolver o noso propio potencial de xeito ilimitado.
Hai 5 institucións no mundo cuxas ensinanzas de MINDFULNESS están recoñecidas. Destas, a Mindfulness Association é una das máis prestixiosas e esixentes xa que as suas formacións en Mindfulness proveñen directamente do linaxe tibetano Kagyu, coñecido coma o linaxe da práctica impecable, e o único que ensina a laicos.
O curso estruturase en 4 módulos, segundo o seguinte contido e calendario: Módulo 1: MINDFULNESS - Introdución teórica: ¿Que é Mindfulness? ¿Por qué practicalo? Algúns beneficios de Mindfulness - Prácticas formais guiadas - Indagación guiada Módulo 2: A MENTE - Introdución teórica: ¿Que é a mente? O funcionamento da mente e as raíces dos estados mentais - Prácticas formais guiadas - Indagación guiada Módulo 3: COMPAIXÓN - Introdución teórica: Mindfulness con COMPAIXÓN, o desexo e a intención consciente de aliviar o sofrimento propio e dos demáis. - Prácticas formais guiadas. - Indagación guiada Módulo 4: INSIGHT - Introdución teórica: ¿Que é insight? Exploración e descobrimento interno - Prácticas formais guiadas. - Indagación guiada A metodoloxía didáctica do curso combina presentacións teóricas, lecturas interactivas e dinámicas de grupo con indagacións guiadas e prácticas formais e informais de Mindfulness, Compaixón e Insight.