Salón de actos da ETS de Arquitectura da UDC
A sociedade na que vivimos ten vivido un proceso de dixitalización intensiva. As nosas actividades diarias, dentro e fóra da rede, xeran un volume intenso de información. O acceso e tratamento destes grandes datos, recuperados e estruturados a través de algoritmos, brinda lnfornación de grande riqueza a lnstitucións, entidades públicas, marcas e mesmo persoas sobre quen somos, que facemos ou como pensamos.
Non entanto, estes algoritmos volven pór en cuestión a suposta neutralidade da tecnoloxía. A participación de persoas na creación e entrenamento destes algoritmos con frecuencia vai a imprimirlle nesgos de xénero e outro tipo de crenzas-perspectivas-esteotipos sobre determinados grupos sociais.
Estudos como o Informe "l'd Blush lf I Could: closing gender divides in digital skills through education" (UNESCO, 2019) ou “Mujeres y Digitalización. De las brechas y los algoritmos" (Instituto de las Mujeres, 2020), entre outros, teñen alertado dos nesgos de xénero que persisten nos conxuntos de datos, algoritmos e dispositivos de captación da intelixencia artificial. Uns nesgos que poden ampliar as fendas e desigualdades existentes na sociedade. Tendo en conta a ubicuidade dos dispositivos que empregan intelixencia artificial, a súa relevancia no tratamento de grandes bases de datos e incluso na automatización de procedementos esenciais na vida cotiá (dende selección de persoal, a asignación de créditos ou axudas de financiación ata o deseño de políticas públicas), a existencia destes nesgos pode ampliar dun xeito dramático as desigualdades sociais, económicas e laborais das mulleres e doutros colectivos marcados por desigualdades.
Malia a elo, a IA tamén contan con potencial para acadar cambios positivos ao desafiar as normas e orde social imperante polo que a intelixencia artificial pode ser parte da solución para o avance para unhas sociedades máis lgualitarias e lnclusivas.
Neste senso as xornadas que se presentan poñen foco nas problemáticas e potencialiades da lntelixencia Artificial. O programa contará coa participación de sete relatoras especializadas en lntelixencia Artificial dende diversos ámbitos do coñecemento como a enxeñaría, economía, dereito ou fllosofía. Unhas expertas que nos axudarán a poñer en contexto a lntelixencia Artlficial, as súas
forzas e debilidades.