Na actualidade a creación musical e sonora está moito mais preto do que cremos grazas ás novas tecnoloxías e dos dispositivos dixitais. Neste obradoiro achegaremos de forma práctica e participativa dúas cuestións esenciais para comezar a explorar a edición básica e a creatividade sonora. Por un lado descubriremos as ferramentas dixitais e dispositivos (controladoras, caixas de ritmo, teclados) co seu funcionamento básico para acadar uns resultados óptimos en propostas audiovisuais e por outro como artesás e artesáns do son descubriremos de que xeito manexalos para a composición musical ou creación sonora.
Material necesario: dispositivo informático (ordenador portátil, móbil ou tablet) e auriculares.
Non son necesarios coñecementos musicais previos.
Este obradoiro ten 15 horas de duración.
Docente: Jas Processor
Os obxectivos principais do obradoiro son:
Imaxe: veneportal.com