Curso práctico dirixido a persoas con formación previa na interpretación teatral. Preferiblemente, que teñan completado o obradoiro "Interpretación – Iniciación ó Teatro" ou "Interpretación - Nivel 2" do pasado curso, ou algún dos organizados pola Aula de Teatro da UDC. Atención especial ós fundamentos básicos da posta en escena. Traballo de corpo, voz, dinámicas da sesión de traballo, construción de personaxes, abordaxe de textos e representación de escenas.
Este obradoiro ten 30 horas de duración.
Docente: Rubén Ruibal
Fotografía: Iván Casal.
- Repaso dos fundamentos básicos da actividade teatral.
- A dinámica da sesión de traballo. A acción como centro. Ferramentas básicas para o emprego da voz.
- Ritmo, música, verso, corpo.
- Conceptos fundamentais relacionados coa representación e a posta en escena.
- Interpretación de textos.
- Interpretación diante da cámara.
- Referencias bibliográficas diversas: pezas teatrais, manuais, multimedia.
- Atención especial ós fundamentos básicos da posta en escena en diferentes rexistros e modos teatrais.