| Coñeceremos a danza contemporánea dunha forma práctica a través da exploración física e do movemento, tomando conciencia do noso corpo e da súa expresión e comunicación.  Realizaremos un adestramento físico a través da exploración individual conectando có entorno. Os obxectivos do curso son divertirse, tomar conciencia dos nosos corpos e desinhibirse, aprendendo as nocións básicas das diferentes técnicas contemporáneas da danza. Docente: Cristina Montero García. Duración: 30  horas   Días lectivos:  
				
				4, 6, 11, 13, 18, 20, 25, 27 de outubro.
				3, 8, 10, 15, 17, 22, 24, 29 de novembro
				1, 13, 15, 20 de decembro. |