«Que pasaría se...? Sorpréndeste pensando iso algunha vez? Se cadra tes mente tanto de persoa investigadora como de novelista; tanto de poeta como de interesado na cosmoloxía. Se sempre te viches tanto de ciencias como de letras e pensas que sería fermosamente útil compartir lecturas que aponto nesa feliz fusión, que pasaría se te unises a este club de lectura? Un espazo onde a curiosidade e o compromiso co medioambiente, onde a experimentación das formas e a renovación dos fondos se artellan para achegarnos un pouco máis a escritas brillantes e futuras.
Este obradoiro ten 15 horas de duración.
Docente: Estíbaliz Espinosa
Obxectivos:
Contidos:
Catro libros de lectura que se indicarían antes de comezar o curso, e que versarían sobre ciencia, ciencia e poesía, literatura e ciencia. Tamén poemas soltos, relatos e outro tipo de textos que garden relación entre ciencia, arte e literatura.
Exemplos: Unha mente que voa (Xurxo Mariño Eds. Xerais), Robinson e as alimarias ( Marilar Aleixandre), Frankenstein (Mary Shelley, Ed. Aira), El libro de la Luna (Fatoumata Kébé, Blackie Books), A que cheiran as cores (Casto Rivadulla, Ed. Galaxia) Estamos solos (Carlos Briones, Ed. Crítica), Eso no estaba en mi libro de botánica ( Rosa Porcel, Ed. Almuzara ) Todo es cuestión de química (Deborah García Bello, Ed.), Animales ejemplares (Juan Ignacio Pérez Iglesias, Ed. Next Door), A hombros de gigantas ( Laura Morrón, Ed. Next Door), Las mujeres de la luna ( Ed. Next Door)
Textos soltos: Poema de medianoite (Safo de Lesbos), Ano de meteoros (Walt Whitman), fragmentos de En las orillas del Sar e de Cantares Gallegos ( Rosalía de Castro), Wendell Berry, Annie Dillard, Rachel Carson, Carl Sagan, Sei Shonagon, Wislawa Szymborska, Luísa Villalta...
Sesións mensuais:
- 7, 21 e 28 de outubro
- 11 e 25 de novembro
- 2, 16 e 22 de decembro ( o último día o obradoiro terá a duración de 1 hora).
Imaxe: Sandra G. Rey