Aula de danza
Obradoiro de Danzas Urbanas (Hip hop, Popping, Locking, Breaking e Freestyle).
Traballaremos cada técnica, partindo do traballo das bases e da contextualización e estética de cada estilo e aplicarémolo á coreografía e improvisación.
Este obradoiro ten 15 horas de duración.
Docente: Alba Fernández Cotelo
Obxectivos:
Identificación e interiorización das diferentes danzas urbanas a impartir (Hip hop, Popping, Locking e Breaking), así como a súa técnica, estética e aplicación, tanto para o Freestyle como a nivel coreográfico.
Serán clases amenas onde chegaremos a un coñecemento global de varios dos estilos da Danza Urbana, tendo o Hip hop como referencia.
Contidos:
- Contextualización e interiorización de acontecementos históricos, estética e filosofía de cada danza urbana a impartir.
- Foundations: bounce, rocking, groove (traballo en profundidade).
- Party Steps (bailes sociais). Coñecemento dos pasos e aplicación no baile de cada alumna.
- Freestyle (ferramentas para a improvisación dentro das danzas urbanas).
- Popping: técnica e traballo de paradas, xeometría e ondulacións.
- Locking: técnica e coreografía.
- Breaking: introducción á súa técnica básica.
- Coreografía.
Imaxe: Arteceibe