Se es un lector ou lectora habitual, este obradoiro é a evolución natural para construír os teus mundos propios no canto de viaxar polos demais
Ao longo de cinco sesións, a escritora Antía Yáñez achegará as pautas básicas para perder o medo ao papel en branco, desenvolver a creatividade, coñecer os elementos básicos da narración e mellorar a expresión escrita.
Segunda parte do obradoiro de escrita impartido no segundo cuadrimestre do curso 2020/2021 (non é requisito ter feito o anterior) con 15 horas de duración.
Obxectivo:
- perderlle o medo ao papel en branco, desenvolver a creatividade, coñecer os elementos básicos da narración, mellorar a expresión escrita.
Contidos:
- Que sabemos da escrita? Breve recordatorio do obradoiro anterior e de conceptos básicos.
- Os personaxes (I): que é o máis importante da miña historia? Quen o conta, como se conta, o que se conta? Espazos, escenas e accións.
- Os personaxes (II): persoas malas malísimas vs. protagonistas perfectas. Personaxes inesquecibles.
- Narrador e punto de vista. Como eliximos? Obras que nos marcaron a nivel individual.
- O estilo: cousas a evitar na nosa escrita. Que queremos transmitir?
Sesións:
- 13 e 27 de outubro.
- 10 e 24 de novembro.
- 14 de decembro.
Todas as sesións serán os mércores agás o 14 de decembro (martes).
Duración: 15 horas (7,5 horas de sesións presenciais e 7,5 horas de traballo na casa, realizando textos que logo serán corrixidos e avaliados).