Obradoiro de performance e creación contemporánea que xira en torno á relación entre a palabra e o corpo en acción.
Despois dunha pequena introdución teórica á arte contemporánea, ao post-drama e á hibridación/experimentación formal da poesía contemporánea, as persoas participantes serán guiadas cara á atención do seu corpo con ferramentas de interpretación, de danza e de técnicas antropolóxicas orientais. Logo dun escrutinio físico e da lectura de espazos e obxectos a nivel estético e compositivo, facilitaránselles chaves para investigarse a si mesmas como parte dun corpo social, político e ecolóxico. A través da súa propia experiencia persoal e única, a intención última é que as persoas participantes atopen a súa voz creativa e fagan unha pequena acción de autoría propia ao final do obradoiro.
Este obradoiro ten 30 horas de duración.
Docente: Helena Salgueiro
Obxectivos: Aproximación ás prácticas performativas, de movemento e poéticas. Escrutinio físico, político e persoal. Control corporal. Lectura de espazos, obxectos, palabras e silencios dende un punto de vista comparativo, estético, compositivo e crítico. Ferramentas de escritura. Ferramentas para o proceso de creación. Creación dunha acción performativa.
Programa:
1
– A metáfora e o símbolo (vivos)
– Corpo, instrumento, obxecto
– O silencio e o verbo
– A paisaxe somática
– A arquitectura dos 3 obxectos
– Lecturas
2
– Escritura espacial
– Body landscape, body weather, happening, instalación
– Acción/actuación e acción/activismo
– Na busca do estrañamento e do límite
3
– Xenio creador, social e político
– Arqueoloxía persoal e apoio individual
– Amálgama de linguaxes e ferramentas propias
– O procesual, a busca e a enerxía: rexeitamento da obra finita
– Escrituras
– Ensaio e exposición performativa
Imaxe: Ángels Ribé