Previamente o/a usuario/a deberá pagar o Abono Deporte (30 €, comunidade universitaria) ou a Matrícula (60 €, público en xeral). Prazas limitadas.
Impartido pola Escola de Tempo Libre da UDC e homologado pola Xunta de Galicia. Concedido o recoñecemento de 1 crédito por cada 15 h, ata un máximo de 12 créditos para o alumnado de Grao que asista, cando menos, ao 85% das sesións teórico-prácticas impartidas. No caso de superar a fase teórico práctica e a fase de prácticas obterase o título de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre. Para máis información tamén poden dirixirse ao correo electrónico etl.deportes@udc.es
Horario: sábados e domingos de 9 a 14 e de 16 a 21 horas. Datas:
• Xaneiro: 29 e 30 • Febreiro: 5, 6, 12, 13, 19, 20, 26 e 27 • Marzo: 5, 6, 12, 13, 19, 20, 26 e 27 • Abril: 2 e 3
Condicións xerais:
-Para poder facer o curso hai que ter cumpridos os 18 anos antes do comezo do curso e estar en posesión do título de ESO/EXB.
-Prezo (a pagar á Escola de Tempo Libre da UDC): *Comunidade universitaria: 280 € (pago único ou en dous prazos) *Público en xeral: 310 € (pago único ou en dous prazos).
-As taxas administrativas da tramitación do título non están incluídas no prezo do curso.
-No momento da inscrición hai que cubrir un cuestionario. No caso do público xeral, nese cuestionario tamén se lle pedirá copia do DNI e do título de ESO/EXB.
-A inscrición quedará confirmada co pagamento, polo que, unha vez feita a inscrición no curso a través do udcxest.udc.gal, a Escola de Tempo Libre da UDC enviaralles ás persoas inscritas un correo electrónico coa información necesaria para facer o pagamento (no caso da comunidade universitaria, a mensaxe chegará aos enderezos de correo electrónico da UDC).
-Dentro das horas da fase teórico-práctica do curso van incluídas técnicas de acampada e, se a situación sanitaria o permite, realizarase unha acampada de fin de semana (para poder asistir, a Escola de Tempo libre poderá solicitarlle ao alumnado unha proba diagnóstica COVID-19 negativa, realizada nas 24 horas anteriores ao comezo da actividade).