Curso práctico dirixido a persoas cunha mínima formación na interpretación teatral. Preferiblemente, que teñan completado o obradoiro de Interpretación – Iniciación ó Teatro ou similar.
Ademais de incidir no carácter comunitario da práctica teatral, durante o obradoiro traballaranse aspectos básicos da posta en escena, prestando especial atención a conceptos xa tratados no obradoiro "Interpretación - iniciación ó teatro": procedementos psicofísicos da técnica actoral, acción - conflito, sentido da verdade escénica e, principalmente, desenvolver a capacidade de afrontar unha escea, con ou sen apoio de textos.
Martes de 18:00 a 19:30 horas
Docente: Fran Nogueira
O inicio do obradoiro está previsto para a semana do 8 de marzo, se ben que esta data pode sufrir modificacións en función das medidas vixentes nese momento derivadas da situación sanitaria provocada pola covid-19
O alumnado da UDC terá dereito ao recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación (Resolución reitoral do 03/12/2019).
1 Incidir no coñecemento dos procedementos psicofísicos da técnica actoral
2 Capacitar ao alumnado para que tome conciencia dos procesos internos do actor.
3 Relacionar mecanismos externos e internos no traballo de interpretación.
4 Potenciar o sentido da verdade escénica.
5 Desenvolver a capacidade de afrontar unha escea con ou sen apoio de textos.
6 Traballar os principios de acción e conflicto
7 Coñecer os fundamentos básicos da posta en escena.