Obradoiro de introdución ás prácticas performativas e á creación contemporánea, establecendo unha relación dialóxica da poesía co corpo en acción.
Neste semestre continuaremos co escrutinio físico, político e poético. Co control corporal mediante un entrenamento que conxuga danza, teatro antropolóxico, ioga, pilates e artes marciais. Á lectura de espazos, obxectos, palabras e silencios dende un punto de vista comparativo, estético, compositivo e crítico.
Afondaremos tamén desta vez nas ferramentas de escritura e no entrenamento da voz e investiremos a metade do obradoiro na creación dunha acción performativa e mailos os ensaios para a súa exposición.
Docente: Helena Salgueiro
O inicio do obradoiro está previsto para a semana do 8 de marzo, se ben que esta data pode sufrir modificacións en función das medidas vixentes nese momento derivadas da situación sanitaria provocada pola covid-19
- Entrenamento corporal - Entrenamento da voz - O poema cinético - Escritura espacial - Xenio creador, social e político - Arqueoloxía persoal - O procesual, a busca e a enerxía: rexeitamento da obra finita - Laboratorio de xestos - Lecturas - Escrituras - Creación e ensaio da exposición performativa