Este curso será unha introdución ás narrativas dixitais contemporáneas (memes, micro-vídeos, gifs...) e ás súas posibilidades creativas para elaborar as nosas propias mensaxes e campañas.
Dirixido a un público xeral, con intereses creativos e culturais por utilizar as narrativas dixitais como ferramenta para a divulgación, a sensibilización, o activismo, o contradiscurso e/ou a educación, sexa en contextos formais ou non formais.
O curso combinará pequenas pílulas de contido en liña, incluídos exercicios prácticos e interactivos, cunha parte de traballo práctico titorizado, incluídas sesións grupais en contornas virtuais.
Que quero contar?
Exploraremos as narrativas dixitais contemporáneas, reflexionaremos sobre as súas posibilidades e achegarémonos á construción de mensaxes propias e de contra-discurso.
Como podo contalo?
Coñeceremos as técnicas narrativas máis relevantes e as ferramentas que temos dispoñibles, ao tempo que faremos prácticas creando contidos propios.
Onde podo difundilo? Deseño e planificación dunha pequena campaña de comunicación para a divulgación e a sensiblización ou dunha acción educativa (formal ou non formal), baseada nas estratexias traballadas durante o curso.
Datas sesións:
Luns 23 de novembro 18,00 h-19,00 h: sesión síncrona
Semana do 23-29: Módulo 1 Semana do 30 ao 06 de DECEMBRO: Módulo 2 Semana do 07 ao 13: Módulo 3
Mércores 16 de decembro 18,00 h.- 19,00 h.: sesión de peche síncrona
Docentes: María Lobo e Roi Guitián.