Curso práctico dirixido especialmente a persoas que se inician na interpretación teatral ou teñen pouca experiencia. Traballo de corpo, voz, dinámicas de grupo, construción de personaxes e abordaxe de textos.
Este obradoiro ten 15 horas de duración.
Docente: Rubén Ruibal
Fotografia: Iván Casal Nieto
- Fundamentos básicos da actividade teatral.
- A dinámica da sesión de traballo.
- Crear, contar, imaxinar. A acción como centro.
- Mímica, expresión corporal
- Ferramentas básicas para o emprego da voz.
- Ritmo, música, verso, corpo.
- Do xogo á representación.
- Texto: unha aproximación á interpretación de textos.
- Interpretar diante da cámara.
- Referencias bibliográficas diversas: pezas teatrais, manuais, multimedia.