Trátase dun curso de iniciación á danza contemporánea. Coñeceremos a mesma dunha forma práctica a través da exploración física, do movemento. Tomando conciencia do noso corpo, da súa expresión e capacidades de comunicación. Realizaremos un adestramento físico a través da exploración individual conectando có entorno. Experimentaremos con diferentes técnicas da danza e outras disciplinas do movemento coma o ioga, o teatro físico, o xogo de sensibilización sensorial e motriz, que nos permitirán a exploración libre do corpo e a desinhibición. Introduciremos a improvisación e o xogo escénico e achegarémonos tamén ó traballo coreográfico.
Docente: Cristina Montero. A duración será de 15 horas lectivas.
O inicio do obradoiro está previsto para a semana do 8 de marzo, se ben que esta data pode sufrir modificacións en función das medidas vixentes nese momento derivadas da situación sanitaria provocada pola covid-19
O alumnado da UDC terá dereito ao recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación (Resolución reitoral do 03/12/2019).
Obxectivos: Divertirse, tomar conciencia dos nosos corpos, desinhibirse e traballar en equipo aprendendo nocións básicas das diferentes técnicas contemporáneas da danza.
Contidos: Adestramento do corpo cara a súa sensibilización. Coñecemento de diferentes recursos técnicos da danza contemporánea.