Na primeira parte da clase realizaremos unha secuencia de exercicios para tonificar, coordinar, alargar os nosos corpos e entrenalos dende a consciencia; aprender a movernos con plena atención.
O corpo, é o medio de conexión entre o noso interior (emocións, pensamentos) e o espazo exterior, no que queda reflexado o noso estar, o noso sentir.
Nunha segunda parte da clase realizaremos exercicios de deshinibición, expresión libre, coreografía e composición... Traballaremos de forma individual, e conectaremos co resto de corpos, xogando en parella e en grupo. Utilizaremos técnicas moi diversas de danza contemporánea, body weather, ioga, improvisación... O obxetivo fundamental é divertirse, conectar co corpo, e co grupo, entrenando e coidándonos.
Días de clase:
*As clases terán lugar os luns (un día á semana). Só a última semana do obradoiro haberá clase tamén o mércores 29 de maio de 2024 (esa semana haberá dous días de clase).
Imparte: Cristina Montero.
Duración: 30 horas.