Facultade de Socioloxía
O obxectivo destas xornadas é visibilizar os perfís profesionais que se demandan para as titulacións en ciencias sociais. A actividade está orientada a: proporcional información e diferentes liñas de actuación para o desenvolvemento das prácticas profesionais do estudantado, identificar e crear oportunidades laborais no mercado de traballo e nichos emerxentes, e facilitar o desenvolvemento dos eixos más importantes que permitan ao alumnado desenvolver con éxito a súa traxectoria profesional.
Máis información: Carlos Diz, Vicedecano de Extensión da Facultade de Socioloxía. Correo: carlos.diz@udc.es.
VII Xornadas de Orientación Profesional para Ciencias Sociais
Salón de Graos, Facultade de Socioloxía
Haberá certificado de asistencia para as persoas que asistan a un 85% das xornadas
PERIODO DE INSCRICIÓN: ata 17 outubro de 2023
DÍA 1. 19/10/2023
SESIÓN 1
Orientación profesional, modelos de inserción e deseño das traxectorias laborais
Coordina e modera: Carlos Diz, Vicedecano de Extensión da Facultade de Socioloxía
10:00-10:30h. Inauguración
“De maior quero ser sociólog@“: da investigacion ao DATO”, a cargo de Tatiana López Gonsálvez, Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS)
10:30-12:30h.- Mesa Redonda: Orientación laboral
Participan:
12:30 Pausa café
SESIÓN 2
Prácticum de Socioloxía
Obrigatorio para alumnado matriculado no Prácticum de socioloxía, aberto a todo o mundo
13:00-15:00h. Presentación do Programa de prácticas curriculares (Prácticum) do Grao en Socioloxía
A cargo de: Paloma Moré e Sergio Gómez, Coordinación do Prácticum do Grao en Socioloxía
SESIÓN 3
Entidades empregadoras do Prácticum do Grao de Socioloxía
16:30 – 18:30 Mesa redonda
DÍA 2. 20/10/2023
SESIÓN 4
As saídas profesionais no eido da investigación social
10:00-12:00 Mesa redonda
Coordina e modera: José A. Cortés Vázquez, coordinador do Mestrado Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social (MIAS), e Sergio Gómez Rodríguez, coordinador das prácticas externas do Mestrado.
12:00h. Pausa para o café
SESIÓN 5
O traballo na políticas sociais e a intervención sociocomunitaria
12:30-14:30h. Mesa redonda
Coordina e modera: Belén Fernández Suárez, responsable de prácticas do Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (MOPS)