Se es un lector ou lectora habitual, este obradoiro é a evolución natural para construír os teus mundos propios no canto de viaxar polos demais.
Ao longo de cinco sesións, a escritora Antía Yáñez achegará as pautas básicas para perder o medo ao papel en branco, desenvolver a creatividade, coñecer os elementos básicos da narración e mellorar a expresión escrita.
Material necesario: Ordenador con ferramenta de ofimática. Importante enviar os traballos en .pdf (preferible) ou .odt, .doc, .docx ou similar.
Docente: Antía Yáñez
Obxectivos:
Perderlle o medo ao papel en branco, desenvolver a creatividade, coñecer os elementos básicos da narración, mellorar a expresión escrita.
Contidos:
1 Presentación. Novas formas de escrita e disparadores creativos.
2 Elementos da narración: temas e accións.
3 Personaxes, narrador e punto de vista.
4 Tempo e espazo. As escenas. A estrutura.
5 Que fago co que escribín?