Curso práctico dirixido a persoas cunha mínima formación na interpretación teatral. Preferiblemente, que teñan completado o obradoiro "Interpretación – Iniciación ó Teatro" ou similar. Traballo de corpo, voz, dinámicas da sesión de traballo, construción de personaxes, abordaxe de textos e representación de escenas.
Docente: Rubén Ruibal
Fotografía: Iván Casal.
O inicio do obradoiro está previsto para a semana do 8 de marzo, se ben que esta data pode sufrir modificacións en función das medidas vixentes nese momento derivadas da situación sanitaria provocada pola covid-19.
O alumnado da UDC terá dereito ao recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación (Resolución reitoral do 23/12/2020).
- Repaso dos fundamentos básicos da actividade teatral.
- A dinámica da sesión de traballo. A acción como centro. Ferramentas básicas para o emprego da voz.
- Ritmo, música, verso, corpo.
- Conceptos fundamentais relacionados coa representación.
- Primeiro contacto coa interpretación de textos.
- Interpretación diante da cámara.
- Referencias bibliográficas diversas: pezas teatrais, manuais, multimedia.