OBXECTIVOS:
Coñecemento da técnica e as accións básicas para o movemento contemporáneo (xirar, saltar, caer, rodar, etc).
Desfrutar coa improvisación persoal dende pautas e/ou ferramentas propostas.
Creación de frases coreográficas por parte do alumnado e traballo coreográfico proposto pola profesora, onde aplicaremos todo o aprendido.
Os obxectivos poderán variar segundo o nivel do grupo.
CONTIDOS:
Preparación do corpo para a danza contemporánea (traballo de preparación física e técnica)
- Ferramentas para a improvisación.
- Procura do movemento persoal.
- Traballo de creación coreográfica
- Coreografía
Serán sesións completas divididas en abordaxes diferentes do movemento: dende a técnica, a organicidade, a visión coreográfica e a consciencia corporal dunha/dun mesma/o.
A profesora adaptaráse ó nivel xeral do alumnado.